-
As nosas nadadoras Laura Santalla Trigo e Nerea López Sanmartín reciben o premio á Mellor Deportista do ano 2015 e ao Mérito Deportivo de Natación respectivamente, na XVII Gala do Deporte do Concello de Neda. Parabéns!! Orgullo CNF
-
Parabéns á categoría de nadadores/as máis xóvenes do noso club que proclamáronse campións de liga (1391 puntos) por diante de CN Galaico (1291,5 puntos) e C Marina Ferrol (781puntos). Orgullo CNF!!! CLASIFICACIÓN
-
Informámosvos polo presente de que, mañá martes, Día das Letras Galegas, non haberá actividades de natación, tanto para usuarios de escolas deportivas como para nadadores do club. Ficando á vosa disposición para o que precisedes, un saúdo.
-
Falou no nome do noso club, Antón Dopico Rey, para agradecerlle todo o apoio recibido pola súa parte y mostrarlle o noso orgullo.
-
Estimados/as socios/as: Informámosvos de que mañá sábado 14 de maio, debido á celebración da gala na que se fará entrega da Medalla de Prata de Ferrol a Javier Gómez Noya ao que acudiremos unha ampla representación do Club Natación Ferrol, fican suspensos os adestramentos do club a partir das 12:00h. Rogámosvos que desculpeis as molestias, un saúdo.
-
Podeis seguir o Campionato de Europa de Natación, Saltos e Natación Sincronizada que se disputan do 9 ao 22 de maio, dende a plataforma de deportes Grada 1: EN DIRECTO