-
Estimados/as socios/as: Con motivo da entrega, o vindeiro día 14 de maio ás 12:30h no Auditorio Municipal de Ferrol, a Javier Gómez Noya da Medalla de Prata de Ferrol ao mérito deportivo, o Club Natación Ferrol, do que forma parte, quere mostrarlle o seu apoio. É por isto que convidámosvos a asistir a dito acto, para o cal é preciso […]
-
Parabéns ao equipo que este derradeiro sábado de abril, acadou un 5º posto no Memorial Juan Varela, con 178,5 puntos por detrás do C.F.Vilacondense, Club del Mar, C.N. Pabellón Ourense e C.N. Galaico. No apartado individual: Marcos García foi o campión masculino pola táboa FINA, con 2172 puntos, ademais de bater o récord do campionato no 50 bolboreta, cunha marca […]
-
O Trofeo Presidente Leopoldo Bremón é o que se outorga á mellor marca na Liga Galega de Clubes de natación por puntuación FINA. Marcos acadou 753 puntos na proba de 50 bolboreta e María acadou 745 puntos na proba de 400 estilos. Parabéns!! TROFEO PRESIDENTE LEOPOLDO BREMÓN
-
Informámosvos de que, con motivo da festividade do 1º de maio, Día Internacional dos Traballadores, se suspenden as actividades de natación do domingo. Ficando á vosa disposición para o que precisedes, un saúdo.
-
Estimados/as compañeiros/as: Por motivos organizativos, a competición da 6ª xornada da liga promesas trasládase, de novo, ao vindeiro día 7 de maio, á piscina de Batallóns. Podeis confirmar a asistencia enviada anteriormente, xa que será válida igualmente, de cara á vindeira semana. Rogámosvos que disculpedes as molestias.
-
Unha emocionante final que rematou cun empate e o ascenso á División de Honra. Parabéns polo gran traballo!! E, como non, moitas grazas a Javi Gómez, polo orgullo de poder contar contigo de novo. GALICIA ÁRTABRA FERROL 360 DIARIO DE FERROL LA VOZ DE GALICIA