A Federación Galega de Natación xunto co CN Pabellón de Ourense organizan esta fin de semana o campionato na piscina Rosario Dueñas que contará cun total de 29 clubs de toda Galicia e 396 nadadores.

O Club Natación Ferrol volverá ser un dos grandes protagonistas do campionato, presentando un equipo moi competitivo de 28 nadadores que pelexará por todo nas categorías júnior e absoluta, tanto nas probas individuais como nas emocionantes remudas.

A conta atrás rematou e o traballo duro xa está feito. Agora toca desfrutar, competir ao máximo e defender as cores do noso club co orgullo e a garra de sempre.

Moita sorte a toda a expedición do CN Ferrol! Estamos ao voso lado! 🌊🐟

#orgullocnf💙🩵 #CNFerrol #NatacionGalega #CtoGalegoVerán #ImosFerrol

Entrada anterior CAMPIONATO GALEGO INFANTIL DE VERÁN Seguinte entrada CAMPIONATO DE ESPAÑA OPEN DE VERÁN NATACIÓN MASTERS

Related posts

Hello.