-
Parabéns a todos e todas por ese meritorio 3º posto na liga galega de Clubs que se celebrou no día de onte na Coruña
-
Estimados compañeiros/as: Lembrámosvos que o vindeiro día 2 de novembro non haberá actividade de natación por ser este día Festivo. Ficando á vosa disposición para o que precisedes, un saúdo deportivo.
-
Estimados compañeiros/as: Debido a un erro na convocatoria da 1ª xornada da liga alevín que se celebrará no día de mañá, sábado día 24 de outubro na piscina da Gándara, informámosvos que os horarios correctos son os seguintes: -Quecemento: 16:00h -Competición: 17:00h Rogándovos que desculpedes o erro e ficando á vosa disposición, un saúdo
-
Estimados usuarios/as: Informámosvos que na presente semana vimos de habilitar 20 novas prazas dun novo curso de Iniciación para nenos/as de 1 día á semana de que dará comezo o vindeiro día 1 de novembro. Este curso serán os martes en horario de 16:00 a 16:45h Na seguinte ligazón poderedes ver toda a información sobre o curso e tamén realizar […]
-
INFÓRMASE AOS SOCIOS/AS DO CNF QUE DENDE O MARTES 20 ATA O VENRES 23 DE OUTUBRO, EN HORARIO DE 16:00 A 20:00 FARANSE AS PROBAS DO EQUIPAMENTO PARA OS QUE DESEXEN ADQUIRILA.
-
Estimados compañeiros/as: O vindeiro sábado día 24 de outubro celebrarase na piscina da Gándara en Narón, a 1ª xornada da liga alevín. Moita sorte a todos e todas! OLLAR CONVOCATORIA Lembrámosvos que deberedes confirmar a participación de todos os/as deportistas nesta Competición na seguinte ligazón: CONFIRMAR PARTICIPACIÓN





