-
Parabéns aos nosos nadadores pola súa actuación nos campionatos de España celebrados na piscina de Santa Olaya en Gijón. Marcos García bronce en 100 estilos (55.33) e 50 bolboreta (23.43) con récord galego neste último. E Laura Santalla mellorou as súas marcas en 100 e 200 braza. Parabéns!!!
-
Presentamos a taza do CNF. Un detalle personalizado do natación Ferrol que podedes adquirir previo encargo e pago na oficina do club, o seu prezo e de 10 €.
-
Parabéns aos nosos/as nadadores/as e ao seu adestrador polos resultados acadados no Trofeo Cidade da Coruña: foron un total de 12 medallas. Tres ouros Marcos García (100L, 100B e 100EST); Laura Santalla tres ouros (50, 100 e 200B); Elena Massa dúas pratas (100C e 50L) e un bronce (100L); Nicolás Luque prata en 200EST. Nas remudas 4x100L mixto ouro (Marcos […]
-
Estimados compañeiros/as: Informámosvos polo presente que o vindeiro sábado día 14 de novembro non haberá actividade de natación para as categorías promesas, benxamín e alevín por celebrarase unha competición de sincronizada na nosa instalación, a maiores de que as últimas dúas categorías teñen competición pola tarde ese mesmo día. Ficando á vosa disposición para o que precisedes, un saúdo.
-
Estimados compañeiros/as: Remitímosvos de seguido as ligazóns para confirmar a participación nas ligas benxamín e alevín que se celebrarán o vindeiro sábado día 14 de novembro na piscina de Batallóns: LIGA BENXAMÍN: CONFIRMAR PARTICIPACIÓN LIGA ALEVÍN: CONFIRMAR PARTICIPACIÓN Para ambas ligas, a confirmación de participación na competición deberá facerse antes do vindeiro martes día 10 de novembro ás 20h. Lembrar […]
-
Parabéns a todos e todas por ese meritorio 3º posto na liga galega de Clubs que se celebrou no día de onte na Coruña