-
Estimados compañeiros/as: Informámosvos dos festivos da presente tempada nos que non haberá actividade de natación: • Outubro: día 12 • Novembro: día 2 • Decembro: días 6, 8, 24, 25 e 31 • Xaneiro 2016: días 1, 6 e 7 • Marzo: días 24 e 25 • Maio: días 1 e 17 • Xuño: día 24
-
Estimados compañeiros/as: Poñémonos en contacto convosco unha tempada máis, para solicitar a vosa axuda nas Competicións que darán comezo a partir do vindeiro mes de outubro. Precisamos da máxima colaboración e implicación do maior número de persoas posibles, non só para ir de delegados/as ás Competicións que se organicen por outros Clubs, senón tamén persoas para axudar nas competicións que […]
-
Estimados socios, estimadas socias: Por orde do Sr. presidente e pola presente ficades convocados/as á Asemblea Xeral ordinaria que terá lugar o vindeiro xoves día 24 de setembro de 2015 ás 19:30h en primeira convocatoria e ás 20:00h en segunda, no local social do noso Club, sito no 2º andar do CP Javier Gómez Noya, R/ Emilia Pardo Bazán s/n, […]
-
A partir de mañá martes día 15 de setembro todos os usuarios/as que non teñan aínda a tarxeta de acceso poderán pasar a recollela polas Oficinas do Club sitas na 2ª planta da piscina. Para máis información, ficamos á vosa disposición.
-
Destacou Clara López no Campionato Galego Infantil, celebrado esta fin de semana na piscina Rosario Dueñas de Ourense, acadando 2 medallas de prata nos 50 e 100 libres. Salientar, tamén, a actuación de Álvaro Losada cunha 5ª praza en en 100 libres e 200 estilos; Adrián Pardiñas 5º posto en 200 bolboreta e 6º ligar para Nelson López en 200 […]
-
Broche final de ouro para a tempada dos nosos nadadores: na categoría absoluta, Marcos García aproveitando o seu mellor momento, fíxose con 2 bronces en 50 e 100 bolboreta e un 4ª posto en 50 libres; e Laura Santalla nadando a súa primeira final como absoluta e ocupando o posto 14 en 100 braza. Na cateogoría júnior, Elena Massa en […]