-
Estimados compañeiros/as: O vindeiro 19 de marzo de 2016 celébrase na cidade asturiana de Avilés, o XXIX Trofeo “Avilés”, no que dende o noso Club temos a intención de participar. Segundo a normativa deste Trofeo poderán participar os deportistas masculinos dos anos 2002, 2003, 2004 e 2005; así como as deportistas femininas dos anos 2003, 2004, 2005 e 2006. Precisamos […]
-
Parabéns aos nosos nadadores Marcos García e Laura Santalla polos resultados acadados no Meeting Internacional Póvoa de Varzim: Marcos ouro e prata en 50 e 100 bolboreta respectivamente, e Laura ouro e bronce en 50 e 100 braza respectivamente. LA VOZ DE GALICIA
-
Prezo 10€. Para conseguila pasade pola oficina do club para encargala.
-
Elixido por técnicos especializados e valorando os resultados acadados, así como a súa traxectoria e progresión, o noso nadador Marcos García foi elixido, xunto con Tomás Manso do Club Marina Ferrol e Gaspar Andrade do Club Natación Arzúa, finalista destes premios. Nos vindeiros días coñeceremos o gañador. Parabéns e sorte!! ASOCIACIÓN DEPORTIVO-CULTURAL AMIGOS DE LA NATACIÓN
-
Parabéns aos nosos/as nadadores/as e adestrador polos resultados obtidos!!! GALICIA ÁRTABRA 3ª xornada Nicolás Luque medalla de bronce nos 400 estilos cun tempo 4:50.87. Elena Massa campioa galega dos 50 libres cun tempo de 28.17 2ª xornada Elena Massa acadou excelentes resultados: prata en 50m costas (32.34); bronce en 100m costas (1.09.11) e ouro en 100m libres (1.01.44). 1ª xornada […]
-
Estimados compañeiros/as: Lembrámosvos que aínda que a avería da piscina xa foi arranxada as competicións que se levarán a cabo no día de mañá, sábado 30 de xaneiro, celebraranse ambas na piscina de Batallóns. Para o que precisedes, ficamos á vosa disposición.