-
CONVOCATORIA NADADORES
-
Unha pequena representación do Club Natación Ferrol participará o sábado 1 de xuño en Ourense no Pedro Escudero, organizado polo CN Pabellón de Ourense na piscina Rosario Dueñas a partir das 9:30h.
-
Este próximo sábado día 1 de xuño o Club Natación Ferrol organizará xunto coa Fegan e o Concello de Ferrol a “Copa Galega Prebenxamín” na piscina do complexo deportivo Javier Gómez Noya as 17.00 h A cita acuden os clubs galegos que xa participan na liga galega e pola que obtiveron a clasificación para participar nesta competición. En total 225 […]
-
O Club Natación Ferrol participará na 6ª xornada de liga da categoría alevín que se celebra na piscina da Gándara en Narón, organizada pola AD Naútico de Narón as 17:00 da data 25/5/2024.
-
Derradeira xornada de liga para a categoría infantil do Club Natación Ferrol, que terá lugar na piscina do CD Javier Gómez Noya as 17:00 h do sábado 18 de maio. A xornada ten carácter zonal polo que os clubs participantes son: C Marina Ferrol, AD Náutico de Narón, CN Cedeira, CN Xove e CN Ferrol.
-
Este próximo sábado día 11 de maio, o Club Natación Ferrol co seu equipo absoluto, desprazarase ata Lugo para participar na xornada da fase final polo título da liga galega de clubs na división de honra, que se celebrará na piscina de Frigsa organizada polo CN Portamiñá, actual campión da fase preliminar. A competición consta de dúas sesións, mañá e […]