-
Parabéns ao noso compañeiro Javi Gómez, pola concesión da Medalla de Prata da cidade de Ferrol ao mérito deportivo. Orgullo CNF LA VOZ DE GALICIA FERROL360
-
Parabéns ao noso nadador Jorge Morado, que formará parte do equipo da selección galega alevín e que participará no Campionato de España por CCAA, os vindeiros días 12 e 13 de marzo en Plasencia (Cáceres). Moita sorte!! CONVOCATORIA
-
Remata a Copa Galega Alevín tras uns magníficos resultados nos que o noso Club clasificouse 6º. Parabéns a todos e todas!
-
Estimados compañeiros/as: O vindeiro 19 de marzo de 2016 celébrase na cidade asturiana de Avilés, o XXIX Trofeo “Avilés”, no que dende o noso Club temos a intención de participar. Segundo a normativa deste Trofeo poderán participar os deportistas masculinos dos anos 2002, 2003, 2004 e 2005; así como as deportistas femininas dos anos 2003, 2004, 2005 e 2006. Precisamos […]
-
Parabéns aos nosos nadadores Marcos García e Laura Santalla polos resultados acadados no Meeting Internacional Póvoa de Varzim: Marcos ouro e prata en 50 e 100 bolboreta respectivamente, e Laura ouro e bronce en 50 e 100 braza respectivamente. LA VOZ DE GALICIA
-
Prezo 10€. Para conseguila pasade pola oficina do club para encargala.