-
Informámosvos polo presente de que, mañá martes, Día das Letras Galegas, non haberá actividades de natación, tanto para usuarios de escolas deportivas como para nadadores do club. Ficando á vosa disposición para o que precisedes, un saúdo.
-
Falou no nome do noso club, Antón Dopico Rey, para agradecerlle todo o apoio recibido pola súa parte y mostrarlle o noso orgullo.
-
Estimados/as socios/as: Informámosvos de que mañá sábado 14 de maio, debido á celebración da gala na que se fará entrega da Medalla de Prata de Ferrol a Javier Gómez Noya ao que acudiremos unha ampla representación do Club Natación Ferrol, fican suspensos os adestramentos do club a partir das 12:00h. Rogámosvos que desculpeis as molestias, un saúdo.
-
Podeis seguir o Campionato de Europa de Natación, Saltos e Natación Sincronizada que se disputan do 9 ao 22 de maio, dende a plataforma de deportes Grada 1: EN DIRECTO
-
Estimados/as socios/as: Con motivo da entrega, o vindeiro día 14 de maio ás 12:30h no Auditorio Municipal de Ferrol, a Javier Gómez Noya da Medalla de Prata de Ferrol ao mérito deportivo, o Club Natación Ferrol, do que forma parte, quere mostrarlle o seu apoio. É por isto que convidámosvos a asistir a dito acto, para o cal é preciso […]
-
Parabéns ao equipo que este derradeiro sábado de abril, acadou un 5º posto no Memorial Juan Varela, con 178,5 puntos por detrás do C.F.Vilacondense, Club del Mar, C.N. Pabellón Ourense e C.N. Galaico. No apartado individual: Marcos García foi o campión masculino pola táboa FINA, con 2172 puntos, ademais de bater o récord do campionato no 50 bolboreta, cunha marca […]