O Club Natación Ferrol estará presente no Campionato Galego Alevín de Inverno, unha das competicións de referencia da tempada para esta categoría, incluída no calendario oficial da Federación Galega de Natación e que se celebrará en Mos, na piscina Municipal As Pozas, nas datas 31 de xaneiro e 1 de febreiro de 2026.

Esta cita autonómica reúne a 185 nadadores e nadadoras alevíns de 28 clubs de toda Galicia e supón un punto clave no desenvolvemento deportivo desta etapa, permitindo avaliar a progresión técnica e competitiva nun contexto oficial.


📌 Información da competición

Os detalles completos da proba,  están recollidos na documentación oficial publicada pola federación:


🔵 Participación do Club Natación Ferrol

O Club Natación Ferrol acudirá a esta competición dentro do seu programa de formación e seguimento das categorías de base, nunha proba que forma parte do itinerario competitivo da tempada.

Desde o club continuaremos informando das redes sociais sobre o desenvolvemento do campionato e os resultados acadados.


💙 Desexamos que todos os nadadores que participan no campionato teñan moitísima sorte sempre sodes #OrgulloCNF 💙🩵

Entrada anterior 2ª XORNADA DE LIGA DE CLUBS DIVISIÓN DE HONRA Seguinte entrada 2ª XORNADA DE LIGA GALEGA INFANTIL

Related posts

Hello.