O próximo sábado día 13/6/2026 na piscina de Riazor terá lugar a “COPA GALEGA BENXAMÍN” cita da natación galega de categoría benxamín.
Organizada polo CN Coruña e a Fegan a competición se levará a cabo en dúas sesións, 10:00/ 17:00 h, e contará coa participación dos clubs:
- CN Vigo Rías Baixas
- Náutico de Narón
- C Marina Ferrol
- CN Galaico
- CN Arteixo
- C del Mar
- CND Cidade Santiago
- CN Portamiñá
- CN Fluvial de Lugo
- CN Pabellón de Ourense
- CN Ferrol
- CN Boiro
- RC Náutico de Vigo
- CN Culleredo
- CN Ponteareas
- CN Coruña
Desexamos que todos os nadadores teñades moitísima sorte!!
Sempre sodes #Orgullocnf