Este sábado, 21 de marzo, o Club Natación Ferrol desprazará a un gran número de nadadores e nadadoras ata a Piscina Municipal de Xove. Alí desputaranse a 4ª Xornada da Liga Galega Alevín e a 4ª Xornada da Liga Benxamín, organizadas polo C.N. Xove.

A continuación, detallamos a información para cada categoría:

👧👦 Categoría Benxamín

Os máis pequenos do club serán os primeiros en poñerse en marcha para a súa xornada de liga.

  • Saída: Sábado 21 ás 13:45h dende o C.P. Javier Gómez Noya.

  • Horarios: 15:30 Q/16:15 h. C

  • Equipo Técnico: Patricia García Soto (Adestradora) e Ana María Cruz Aneiros (Delegada).

  • Convocatoria oficial: Podes consultar na seguinte ligazón: Convocatoria Benxamín.

  • Series Competición: Descargar series benx

🧜‍♀️🧜‍♂️ Categoría Alevín

Pola tarde será a quenda dos nadadores e nadadoras da categoría alevín.

  • Saída: Sábado 21 ás 16:00h dende a Piscina da Gándara (Narón).

  • Quecemento: 17:45h/ Competición: 18:30h.

  • Equipo Técnico: Sergio Losada Jiménez (Adestrador) e Rebeca Quijada López (Delegada).

  • Convocatoria oficial: Podes consultar na seguinte ligazón: Convocatoria Alevín.

  • Series competición: Descargar series alev

⚠️ Notas Importantes

  • Lembrade que é obrigatorio o uso da equipación oficial do club para todos os nadadores e nadadoras convocados.

  • Moita sorte a toda a expedición do CNF nestas dúas importantes citas ligueiras.

#CNFerrol #NatacionGalega #LigaAlevin #LigaBenxamin #Xove2026

Entrada anterior CAMPIONATO DE ESPAÑA INFANTIL DE INVERNO

Related posts

Hello.