-
Elixido por técnicos especializados e valorando os resultados acadados, así como a súa traxectoria e progresión, o noso nadador Marcos García foi elixido, xunto con Tomás Manso do Club Marina Ferrol e Gaspar Andrade do Club Natación Arzúa, finalista destes premios. Nos vindeiros días coñeceremos o gañador. Parabéns e sorte!! ASOCIACIÓN DEPORTIVO-CULTURAL AMIGOS DE LA NATACIÓN
-
Parabéns aos nosos/as nadadores/as e adestrador polos resultados obtidos!!! GALICIA ÁRTABRA 3ª xornada Nicolás Luque medalla de bronce nos 400 estilos cun tempo 4:50.87. Elena Massa campioa galega dos 50 libres cun tempo de 28.17 2ª xornada Elena Massa acadou excelentes resultados: prata en 50m costas (32.34); bronce en 100m costas (1.09.11) e ouro en 100m libres (1.01.44). 1ª xornada […]
-
-
Estimados compañeiros/as: Comprácenos informarvos que xa está solucionada a avería que había na piscina do CP Javier Gómez Noya, polo que no día de hoxe, venres día 29 de xaneiro, damos por reanudada a actividade de natación, tanto da Escola Deportiva como a do Club no seus horarios habituais. Así mesmo, as competicións desta fin de semana, programadas na piscina […]
-
-
Estimados usuarios/as: Debido a un problema técnico nunha turbina da instalación e por motivos completamente alleos a nós, vémonos na obriga de suspender as actividades da Escola Deportiva do día de mañá, xoves 28 de xaneiro. Rogándovos que desculpedes encarecidademente as molestias ocasionadas, ficamos á vosa disposición.