• Horarios de adestramento mes de xullo

    Estimados compañeiros/as: Informámosvos que os horarios para os e as deportistas do Club durante o mes de xullo serán os seguintes: Máster: 9:15 a 10h Infantil, júnior e absoluto: 10h a 12h Alevíns: 11:30h a 13:00h Promesas e benxamíns: 12h a 13h Calquera dúbida, ficamos á vosa disposición.   Un saúdo.

  • Xuntanza horarios grupos adestramento tempada 2015/16

    Estimados compañeiros/as: Infórmovos polo presente que este venres día 19 de xuño ás 20:00h celebraremos unha xuntanza no Local do CNF para entregar os horarios de adestramento para a vindeira tempada 2015/16. Este ano entregamos antes de verán esta información, xa que trala solicitude moitos e moitas de vós, o consideramos importante para que poidades facer as planificacións co resto de actividades dos vosos […]

  • Cursos de verán

    A partir de hoxe, día 15 de xuño, xa podes inscribirte no local do noso Club nos cursos de verán, que se impartirán do 1 ao 15 de xullo e do 16 ao 31 de xullo. Podes ver os cursos na seguinte ligazón: OLLAR CURSOS

  • Campións da copa galega benxamín

    Novamente temos que felicitar a un dos nosos equipos de nadadores/as máis xóvenes, os benxamíns, que esta pasado sábado foron gañadores da Copa Benxamín, diante do CN Portamiñá e do C Marina Ferrol. Parabéns aos seus adestradores, logo dunha tempada de esforzo.

  • 14ª posto na Liga Infantil

    Unha vez finalizada todas as xornadas da liga, os/as nadadores/as da categoría infantil remataron nun meritorio 14º posto. Parabéns a todos/as os nadadores/as e os seus adestradores polo esforzo realizado

  • Campións do Festival Promesas

    Sentímonos moi orgullosos dos nadadores/as da categoría máis xoven do noso club, son gañadores da liga e, esta fin de semana, proclamáronse campións do Festival Promesas celebrado en Lugo. Parabéns aos nadadores/as e aos seus adestradores.  

1 5 6 7 8
  • Categorías

  • Hello.