Estimados compañeiros/as:

Como xa vos anunciamos hai algunhas semanas estamos a organizar unha xornada formativa na que contaremos co árbitro nacional Manuel Castro Casal, na que explicará nocións básicas da natación, así como resolverá as dúbidas que vaian nacendo da organización dunha Competición.
Nembargantes queremos facer fincapé en que estas xornadas non son soamente para delegados/as, senón para todos os socios/as que queiran acudir. Esta xornada de formación levarase a cabo o vindeiro venres día 16 de outubro ás 20h.

Rogámosvos a todos os que desexedes participar que se podedes nolo comuniquedes no correo info@natacionferrol.com.
Esperando que sexa do voso interese a agradecendo de antemán a vosa colaboración, un saúdo.
Entrada anterior PERIOICIDADE XUNTANZAS PLANIFICACIÓN E ORGANIZACIÓN DAS COMPETICIÓNS Seguinte entrada 1ª xornada liga alevín

Related posts

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Hello.