A partir de hoxe, día 15 de xuño, xa podes inscribirte no local do noso Club nos cursos de verán, que se impartirán do 1 ao 15 de xullo e do 16 ao 31 de xullo. Podes ver os cursos na seguinte ligazón: OLLAR CURSOS
Novamente temos que felicitar a un dos nosos equipos de nadadores/as máis xóvenes, os benxamíns, que esta pasado sábado foron gañadores da Copa Benxamín, diante do CN Portamiñá e do C Marina Ferrol. Parabéns aos seus adestradores, logo dunha tempada de esforzo.
Unha vez finalizada todas as xornadas da liga, os/as nadadores/as da categoría infantil remataron nun meritorio 14º posto. Parabéns a todos/as os nadadores/as e os seus adestradores polo esforzo realizado
Sentímonos moi orgullosos dos nadadores/as da categoría máis xoven do noso club, son gañadores da liga e, esta fin de semana, proclamáronse campións do Festival Promesas celebrado en Lugo. Parabéns aos nadadores/as e aos seus adestradores.
Parabéns ao noso equipo de nadadores e adestradores da categoría alevín, que acadaron este pasado sábado, día 30, un destacable 5ª lugar na Copa Galega Alevín.
Parabéns ao nosos nadadores máis xóvenes, proclamáronse campións da Liga de Promesas, por diante do CN Galaico e o RCN Vigo. E grazas, tamén, aos seus adestradores polo traballo realizado e os resultados acadados.
A través da nosa web, poderás reservar todo o material que precises. Non se requirirá ningún pago ata que nos poñamos en contacto contigo. Dismiss