ezen¡¡ TRAÉMOSVOS EXCELENTES NOTICIAS!! O grupo EZENexpertos en saúde e rendemento deportivo, arranxaron un acordo de colaboración có Club Natación Ferrol, e non podemos ficar máis emocioados/as. Como sabedes, ademáis de ser un centro de rendemento, EZEN conta con máis profesionais no eido do perfeccionamento deportivo para arranxar adestramentos, sesións de fisioterapia e nutrición. 

Para os nosos/as deportistas, isto tradúcese en múltiples vantaxes á hora de poder demandar algún servizo en EZEN. Neste senso sabemos ben a preocupación xeral, das familias e dos propios deportistas, por manter unha boa forma física, ligada a unha alimentación que permita iso mesmo sen perder un volume muscular adecuado para á relización do adestramento a alto nivel aos que están acostumados.

Grazas a esta nova colaboración, o servizo de nutrición de EZEN, liderado pola  directora de nutrición Cristina Porca, axudará aos nosos/as nadadores/as a manter a forma física adecuada para unha optimización do rendemento deportivo, e seguir moi arriba coma ata o momento. Establecer unha dieta adecuada e un réxime de comidas en consonancia á demanda enerxética que cada corpo soporta, é vital para manter un bó nivel de competición, e mesmo, para coidar e mimar adecuadamente ao noso corpo e mente, en cada inxesta.

cristina porca

Estamos moi emocionados e agradecidos por esta vinculación profesional, e sabemos de antemán, que será un grande apoio para os nosos deportistas, e para concienciar sobre unha boa alimentación.

#orgulloCNF  #entretodosdeporteseguro  #natación   #comendoconsentidiño

 

—-(para maior información os adestradores de cada grupo proporcionarán os datos e a calidade da colaboración así coma as condicións da mesma. Pídelles consello.)—-

 

Un cordial saúdo,

 

a directiva do clube.

Entrada anterior BANDOS DO CONCELLO Seguinte entrada 1ªXornada de liga ALEVÍN

Related posts

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Hello.