-
Estimados compañeiros/as: O vindeiro sábado día 24 de outubro celebrarase na piscina da Gándara en Narón, a 1ª xornada da liga alevín. Moita sorte a todos e todas! OLLAR CONVOCATORIA Lembrámosvos que deberedes confirmar a participación de todos os/as deportistas nesta Competición na seguinte ligazón: CONFIRMAR PARTICIPACIÓN
-
Estimados compañeiros/as: Como xa vos anunciamos hai algunhas semanas estamos a organizar unha xornada formativa na que contaremos co árbitro nacional Manuel Castro Casal, na que explicará nocións básicas da natación, así como resolverá as dúbidas que vaian nacendo da organización dunha Competición. Nembargantes queremos facer fincapé en que estas xornadas non son soamente para delegados/as, senón para todos os […]
-
Estimados compañeiros/as: Tal e como acordamos na última xuntanza convocada para tentar conseguir axuda para colaborar nas competicións, as reunións realizaranse os xoves ás 20h cada 15 días, comezando estas xuntanzas este xoves día 15 de outubro. No calendario que está na páxina web se recollen xa todas as xuntanzas. Aínda que non poidades participar en todas as xuntanzas, si […]
-
Estimados compañeiros/as: Lembrámosvos que o vindeiro luns día 12 de outubro non haberá actividade de natación por ser este día festivo. Para o que precisedes, ficamos á vosa disposición no correo info@natacionferrol.com
-
Estimados compañeiros/as: Informarvos que o acto de homenaxe ao noso compañeiro Javier Gómez Noya que se celebrará hoxe, martes día 6 de outubro, será no Auditorio de Caranza ás 20h. Rógase puntualidade. Lembrarvos que todos os e as deportistas deberán acudir co equipamento do Club. Fico á vosa disposición para o que precisedes, un saúdo.
-
Estimados compañeiros/as: Segundo nos informan dende a Concellería de Deportes do Concello de Ferrol, o vindeiro martes día 6 de outubro ás 20h celebrarase na nosa cidade un acto de recepción e homenaxe ao noso compañeiro e pentacampión do mundo de tríatlon, Javier Gómez Noya. Solicítannos que haxa o maior número de deportistas posibles do noso Club, polo que precisamos […]