Este próximo sábado día 11 de maio, o Club Natación Ferrol co seu equipo absoluto, desprazarase ata Lugo para participar na xornada da fase final polo título da liga galega de clubs na división de honra, que se celebrará na piscina de Frigsa organizada polo CN Portamiñá, actual campión da fase preliminar. A competición consta de dúas sesións, mañá e tarde e dividida en dous grupos. No grupo polo título competirán os tres primeiros clasificados da fase preliminar (CN PORTAMIÑÁ, CN ARTEIXO, CN FERROL) e no grupo pola permanencia competirán os tres últimos clasificados da fase preliminar (CN PABELLÓN DE OURENSE, CLUB FLUVIAL DE LUGO, RCN VIGO)
Leave a Comment