​Esta fin de semana celebrouse en Pontevedra a fase final da Liga Galega de Clubs na que, tras un gran traballo e esforzo dos nosos/as nadadores/as e adestradores/as, o no noso Club descendeu a 1ª división.
Queremos aproveitar esta ocasión para recoñecer todo o esforzo, dedicación e implicación de todos os integrantes do noso equipo, así como dos adestradores/as que, non só durante esta tempada, senón que ao longo xa de moitos anos, levan loitando por defender a permanencia do noso Club na División de Honra. Queremos compartir todo ese orgullo que sentimos todos e todas, por ter ao noso caróna todos estes grandes deportistas e técnicos que levaron a este Club a conseguir moitísimos éxitos. Pero o éxito máis importante, sen dúbida, foi o de crear unha verdadeira familia que loita por defender as siglas do CNF.
O deporte ensínanos que non sempre se consiguen as metas marcadas e, a pesar da gran dedicación e traballo, as veces tamén se perde. Saber superar as derrotas é unha das grandes aprendizaxes e virtudes da natación e, porén, estamos seguros de que esta pequena fochanca, dentro dun longo período de éxitos, non fará máis que enchervos de ganas para seguir traballando e pescudando novas metas.
Non dubidamos por un segundo que, a superación e traballo dirario de todo o equipo do Natación Ferrrol, fará que novos éxitos cheguen á nosa casa moito antes do que podemos esperar.
Sigamos facendo equipo, para seguir crecendo como Club. Moito ánimo a todos e todas e grazas por seguir traballando diariamente!!!!Orgullo CNF!!!!
Seguinte entrada Campións da liga benxamín

Related posts

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Hello.