Club Natación Ferrol > General

General

  • Clara López 2 pratas

    Destacou Clara López no Campionato Galego Infantil, celebrado esta fin de semana na piscina Rosario Dueñas de Ourense, acadando 2 medallas de prata nos 50 e 100 libres. Salientar, tamén, a actuación de Álvaro Losada cunha 5ª praza en en 100 libres e 200 estilos; Adrián Pardiñas 5º posto en 200 bolboreta e 6º ligar para Nelson López en 200 […]

  • Marcos, Laura, Elena e Nico: fantásticos!!!!

    Broche final de ouro para a tempada dos nosos nadadores: na categoría absoluta, Marcos García aproveitando o seu mellor momento, fíxose con 2 bronces en 50 e 100 bolboreta e un 4ª posto en 50 libres; e Laura Santalla nadando a súa primeira final como absoluta e ocupando o posto 14 en 100 braza. Na cateogoría júnior, Elena Massa en […]

  • 4 ouros, 4 pratas e 7 bronces

    Este é o balance das medallas acadadas polo noso equipo de alevíns que acudiron, esta fin de semana pasada, ao Campionato Galego Alevín de verán na piscina de Cervo. Parabéns a todos eles e aos que seus compañeiros polo excelente e merecido resultado e polo fantástico equipo que forman. E felicitacións, tamén, aos seus adestradores. 1ª xornada 1500 libres: ouro […]

  • Moitas felicidades ao noso equipo absoluto e júnior: 4º posto

    Máis que sobresaínte a actuación dos nosos nadadores, pese a que soamente acudiron 11 nadadores: Marcos García con 4 ouros en 50 libres, 50 braza e 50 e 100 bolboreta (e sendos récords galegos en todas elas), ademais de récord en 100 libres na 1ª posta do relevo; Laura Santalla con 2 ouros en 100 e 200 braza e prata […]

  • Horarios de adestramento mes de xullo

    Estimados compañeiros/as: Informámosvos que os horarios para os e as deportistas do Club durante o mes de xullo serán os seguintes: Máster: 9:15 a 10h Infantil, júnior e absoluto: 10h a 12h Alevíns: 11:30h a 13:00h Promesas e benxamíns: 12h a 13h Calquera dúbida, ficamos á vosa disposición.   Un saúdo.

  • Xuntanza horarios grupos adestramento tempada 2015/16

    Estimados compañeiros/as: Infórmovos polo presente que este venres día 19 de xuño ás 20:00h celebraremos unha xuntanza no Local do CNF para entregar os horarios de adestramento para a vindeira tempada 2015/16. Este ano entregamos antes de verán esta información, xa que trala solicitude moitos e moitas de vós, o consideramos importante para que poidades facer as planificacións co resto de actividades dos vosos […]

1 15 16 17 18 19
  • Categorías

  • Hello.