Club Natación Ferrol > General

General

  • Festivo día 2 de novembro

    Estimados compañeiros/as: Lembrámosvos que o vindeiro día 2 de novembro non haberá actividade de natación por ser este día Festivo. Ficando á vosa disposición para o que precisedes, un saúdo deportivo.

  • Horarios 1ª xornada liga alevín

    Estimados compañeiros/as: Debido a un erro na convocatoria da 1ª xornada da liga alevín que se celebrará no día de mañá, sábado día 24 de outubro na piscina da Gándara, informámosvos que os horarios correctos son os seguintes: -Quecemento: 16:00h -Competición: 17:00h Rogándovos que desculpedes o erro e ficando á vosa disposición, un saúdo

  • PROBAS DE EQUIPAMENTO

    INFÓRMASE AOS SOCIOS/AS DO CNF QUE DENDE O MARTES 20 ATA O VENRES 23 DE OUTUBRO, EN HORARIO DE 16:00 A 20:00 FARANSE AS PROBAS DO EQUIPAMENTO PARA OS QUE DESEXEN ADQUIRILA.

  • Xornadas de formación – venres 16 outubro

    Estimados compañeiros/as: Como xa vos anunciamos hai algunhas semanas estamos a organizar unha xornada formativa na que contaremos co árbitro nacional Manuel Castro Casal, na que explicará nocións básicas da natación, así como resolverá as dúbidas que vaian nacendo da organización dunha Competición. Nembargantes queremos facer fincapé en que estas xornadas non son soamente para delegados/as, senón para todos os […]

  • Festivo día 12 de outubro

    Estimados compañeiros/as: Lembrámosvos que o vindeiro luns día 12 de outubro non haberá actividade de natación por ser este día festivo. Para o que precisedes, ficamos á vosa disposición no correo info@natacionferrol.com

  • Lugar acto homenaxe a Javi Gómez

    Estimados compañeiros/as: Informarvos que o acto de homenaxe ao noso compañeiro Javier Gómez Noya que se celebrará hoxe, martes día 6 de outubro, será no Auditorio de Caranza ás 20h. Rógase puntualidade. Lembrarvos que todos os e as deportistas deberán acudir co equipamento do Club. Fico á vosa disposición para o que precisedes, un saúdo.

1 13 14 15 16 17 19
  • Categorías

  • Hello.