A nadadora do CNF  “Blanca Hermida” representará ao Club Natación Ferrol a Galicia e España no campionato do mundo que está a celebrarse en Singapur, no WHC Arena-centro acuático OCBC. Prevese que participen máis de 6.000 deportistas de natación de idade #máster (25 anos ou máis) de máis de 100 países, o que o converte no maior evento acuático do mundo en canto a número de participantes.

A súa participación comeza o día 10 de agosto coa proba de 400 m. estilos e seguirá o día 11 coa proba de 100 m. bolboreta, o dia 12 nada 200 m. bolboreta e remata o día 13 cos 400 m. libres.

WEB DO CAMPIONATO 

Queremos desexarlle toda a sorte do mundo, polo traballo diario que realiza e pola súa valentía para afrontar este reto. Grande Blanca!!! sabes que para todos nos eres #ORGULLOCNF

Entrada anterior CAMPIONATO DE ESPAÑA JUNIOR DE VERÁN P50

Related posts

Hello.