O Club Natación Ferrol estará presente no Campionato Galego Infantil de Inverno, unha das citas máis importantes do calendario autonómico para a categoría infantil na que participarán 26 clubs galegos con 216 deportistas dos que 109 son de categoría masculina e 107 categoría femenina.
A competición está organizada polo C.N. Xove – FEGAN e celebrarase os días 21 e 22 de febreiro de 2026 na Piscina Municipal de Lieiro (CERVO).
📍 Datos da competición
-
Categoría: Infantil
- Convocatoria nadadores
-
Lugar: Piscina Municipal de Lieiro
-
Data: 21 e 22 de febreiro de 2026
-
Organiza: C.N. Xove – FEGAN
🕒 Horarios de competición
Sábado 21 de febreiro
-
Quecemento sesión 1: 08:30 | Competición: 10:00
-
Quecemento sesión 2: 15:30 | Competición: 17:00
Domingo 22 de febreiro
-
Quecemento sesión 3: 08:30 | Competición: 10:00
-
Quecemento sesión 4: 15:30 | Competición: 17:00
Este campionato supón unha nova oportunidade para competir ao máis alto nivel autonómico, seguir mellorando marcas persoais e continuar consolidando o traballo realizado durante toda a tempada.
Desexamos que teñades moitísima sorte. Sabedes que sempre sodes #Orgullocnf💙🩵