O Club Natación Ferrol estará presente na próxima cita competitiva do calendario autonómico: o Campionato Galego de Natación Júnior de Inverno e a Copa Galega Sénior, unha competición federada que reúne a deportistas das categorías júnior e sénior de toda Galicia.
Esta proba, organizada pola Federación Galega de Natación e o Club Natación Pabellón Ourense, celebrarase en piscina de 50 metros con cronometraxe electrónica, o que garante condicións idóneas para a competición e o rexistro de marcas oficiais.
📅 Datos da competición
-
Nome da proba: Campionato Galego de Natación Júnior de Inverno e Copa Galega Sénior
-
Sede: Piscina Rosario Dueñas (Ourense)
-
Piscina: 50 metros, cronometraxe electrónica
-
Datas: 7 e 8 de febreiro de 202
📌 A páxina do campionato na web da federación ten acceso á información oficial da competición:
-
Información xeral da proba
-
Normativa técnica aplicable
-
Instrucións oficiais para clubes e deportistas
-
Horarios estimados da competición
-
Listados de participantes por proba
-
Inscricións por club
-
Sumario de participación
-
Series completas por sesión
👉 https://www.fegan.org/post/1789
💙 Participación do Club Natación Ferrol
O Club Natación Ferrol afronta esta cita coa motivación de competir ao máis alto nivel nas categorías junior e sénior. Esta competición é unha excelente oportunidade para que os nosos nadadores e nadadoras poidan medirse aos mellores clubes da comunidade, e tentar mellorar marcas persoais en diferentes probas.
Desexamos moitísima sorte aos nosos nadadores!!! sabedes que sempre sodes #Orgullocnf💙