¡¡ TRAÉMOSVOS EXCELENTES NOTICIAS!! O grupo EZEN, expertos en saúde e rendemento deportivo, arranxaron un acordo de colaboración có Club Natación Ferrol, e non podemos ficar máis emocioados/as. Como sabedes, ademáis de ser un centro de rendemento, EZEN conta con máis profesionais no eido do perfeccionamento deportivo para arranxar adestramentos, sesións de fisioterapia e nutrición.
Para os nosos/as deportistas, isto tradúcese en múltiples vantaxes á hora de poder demandar algún servizo en EZEN. Neste senso sabemos ben a preocupación xeral, das familias e dos propios deportistas, por manter unha boa forma física, ligada a unha alimentación que permita iso mesmo sen perder un volume muscular adecuado para á relización do adestramento a alto nivel aos que están acostumados.
Grazas a esta nova colaboración, o servizo de nutrición de EZEN, liderado pola directora de nutrición Cristina Porca, axudará aos nosos/as nadadores/as a manter a forma física adecuada para unha optimización do rendemento deportivo, e seguir moi arriba coma ata o momento. Establecer unha dieta adecuada e un réxime de comidas en consonancia á demanda enerxética que cada corpo soporta, é vital para manter un bó nivel de competición, e mesmo, para coidar e mimar adecuadamente ao noso corpo e mente, en cada inxesta.
Estamos moi emocionados e agradecidos por esta vinculación profesional, e sabemos de antemán, que será un grande apoio para os nosos deportistas, e para concienciar sobre unha boa alimentación.
#orgulloCNF #entretodosdeporteseguro #natación #comendoconsentidiño
—-(para maior información os adestradores de cada grupo proporcionarán os datos e a calidade da colaboración así coma as condicións da mesma. Pídelles consello.)—-
Un cordial saúdo,
a directiva do clube.
Leave a Comment