Estimados socios/as, informámosvos de que o Concello de Ferrol, dada “a nova normalidade” á que temos que atender nestes días, está a revisar os protocolos correspondentes das instalacións deportivas municipais, para que ao comezo da actividade estea todo en orde e cunhas normas xerais claras dentro dun ambiente de seguridade para todos/as.
Debido a isto, o inicio da actividade deportiva no pavillón de Caranza, verase retrasada nuns días. Por parte do clube Natación Ferrol, manterévosmos actualizados para cando sexa posible mergullarnos novamente a practicar o nóso deporte favorito: a natación.
RECARGADE FORZAS QUE ARRANCAMOS TEMPADA!
Moitas grazas pola vosa comprensión, e colaboración;
A directiva.
Leave a Comment