Estimados/as socios/as:

Con motivo da entrega, o vindeiro día 14 de maio ás 12:30h no Auditorio Municipal de Ferrol, a Javier Gómez Noya da Medalla de Prata de Ferrol ao mérito deportivo, o Club Natación Ferrol, do que forma parte, quere mostrarlle o seu apoio.

É por isto que convidámosvos a asistir a dito acto, para o cal é preciso anotarse na oficina do club (a través de correo electrónico, teléfono ou presencialmente) antes do 10 de maio, co obxecto de solicitar as invitacións.

Gustaríanos contar coa presenza do maior número de deportistas posibles, como mostra de orgullo e agradecemento a un deportista que é un exemplo para todos/as.

Agradecéndovos de antemán a vosa colaboración, un saúdo deportivo.

Entrada anterior Moi satisfactorios resultados no Memorial Juan Varela Seguinte entrada EN DIRECTO, O CAMPIONATO DE EUROPA 2016 DENDE LONDRES

Related posts

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Hello.