Estimados compañeiros/as:

Infórmovos polo presente que este venres día 19 de xuño ás 20:00h celebraremos unha xuntanza no Local do CNF para entregar os horarios de adestramento para a vindeira tempada 2015/16. Este ano entregamos antes de verán esta información, xa que trala solicitude moitos e moitas de vós, o consideramos importante para que poidades facer as planificacións co resto de actividades dos vosos fillos/as. Igualmente, informarvos que todos aqueles/as que no poidades acudir, ao remate da xuntanza remitiremos por correo electrónico os grupos de adestramento e os penduraremos na páxina web e redes sociais.
Esperando contar coa vosa presenza e ficando á vosa disposición para o que precisedes, un saúdo.
Entrada anterior Cursos de verán Seguinte entrada Horarios de adestramento mes de xullo

Related posts

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Hello.