💙🏊♂️ E por fin chegou a súa quenda! Os máis pequenos do club son os últimos en comezar a competir nesta tempada.
Este sábado arrincan as Ligas Benxamín e Alevín, e alí estarán os nosos pequenos e pequenas do CN Ferrol, con moita ilusión, ganas e nervios por estrearse na competición.
📍 Piscina de Batallones (Marina).
📅 Sábado, 21 de novembro.
⏰ Liga Alevín: quecemento ás 09:00 h e competición ás 10:00 h.
⏰ Liga Benxamín: horario pendente de confirmar.
Moita sorte a todos! A desfrutar da experiencia, aprender e, sobre todo, pasalo ben! 💙💪