🏊‍♂️ ¡CHEGA A COMPETICIÓN! 🔵⚓

Este 31 de outubro, o CN Ferrol inicia unha nova tempada coa primeira xornada da Liga Galega de Clubes División de Honra, na Piscina Rosario Dueñas de Ourense.

Comeza o reto na máxima categoría galega, cunha xornada na que cada proba e cada punto contan. Os nosos nadadores e nadadoras darano todo na auga, coa ilusión, o esforzo e o espírito de equipo que nos caracteriza. 💪

📅 31 de outubro de 2026
⏰ A partir das 11:00 h
📍 Piscina Rosario Dueñas (50 m), Ourense

Listado completo de saídas: lista_saida_completa-1

 

Entrada anterior Arrincamos a tempada!

Related posts

Hello.