O Club Natación Ferrol estará presente no Campionato Galego Infantil de Inverno, unha das citas máis importantes do calendario autonómico para a categoría infantil na que participarán 26 clubs galegos con  216 deportistas dos que 109 son de categoría masculina e 107 categoría femenina.

A competición está organizada polo C.N. Xove – FEGAN e celebrarase os días 21 e 22 de febreiro de 2026 na Piscina Municipal de Lieiro (CERVO).

📍 Datos da competición

  • Categoría: Infantil

  • Convocatoria nadadores
  • Lugar: Piscina Municipal de Lieiro

  • Data: 21 e 22 de febreiro de 2026

  • Organiza: C.N. Xove – FEGAN

🕒 Horarios de competición

Sábado 21 de febreiro

  • Quecemento sesión 1: 08:30 | Competición: 10:00

  • Quecemento sesión 2: 15:30 | Competición: 17:00

Domingo 22 de febreiro

  • Quecemento sesión 3: 08:30 | Competición: 10:00

  • Quecemento sesión 4: 15:30 | Competición: 17:00

Este campionato supón unha nova oportunidade para competir ao máis alto nivel autonómico, seguir mellorando marcas persoais e continuar consolidando o traballo realizado durante toda a tempada.

Desexamos que teñades moitísima sorte. Sabedes que sempre sodes #Orgullocnf💙🩵

Entrada anterior CAMPIONATO DE ESPAÑA POR FEDERACIONS AUTONÓMICAS INFANTIL E JUNIOR

Related posts

Hello.