A piscina do complexo Rías do Sur de Pontevedra acolle a fin de semana do 30 e 1 a celebración da “Copa de España de clubs de natación de 2ª división”, organizada polo Club Natación Galaico e a Fegan. Os clubs participantes son os clasificados no campionato galego absoluto de verán en categoría masculina ou feminina, resultando un total de 302 nadadores de 17 clubs.
O Club Natación Ferrol participará cun total de 26 nadadores (14 chicos e 12 chicas) na competición, que se desputará en sesións de mañá (9.30 h) e tarde (17.00 h)